Saúdo do Alcalde Corte e Raíña Corte e Raíña Infantil Paxes Programa

Como orgullosa betanceira, é para min unha honra ser a raíña das festas deste ano.

Quero dar as grazas as miñas damas e aos seus acompañantes, que dende o primeiro momento non dubidaron en formar parte da historia da nosa cidade. Todo isto non sería posible tampouco sen o traballo de moitas persoas, ás cales lles agradecemos o seu esforzo.

Autoridades, amigos e amigas, veciñanza e persoas achegadas a esta nosa cidade dos cabaleiros. Polo noso globo e os nosos caneiros, convídovos a desfrutar das nosas marabillosas festas na honra do noso patrón San Roque.

A desfrutar con sentidiño

Feliz San Roque 2017!

Alba Pérez Medín